Friday, March 20, 2009

CAMBIAMOS!

Analizando a versatibilidade que nos ofrecian os varios soportes dispoñibles en internet, decidimos cambiar o dominio tan só por unha necesidade funcional e para ampliar a capacidade de acción do noso mensaxe. Dende aqui agradecer a todos os que colaboraron neste espazo e a todo aquel que se interesou por el e convidar á lectura deste novo que continuara a liña de combate e loita que buscou este.

HTTP://LUGOANTIFASCISTA.BLOGSPOT.COM

Saúde e Revolta!

Posted by Lugo Antifascista at 14:46:08 | Permalink | No Comments »

Thursday, March 19, 2009

SÁBADO-21 C.S MADIA LEVA!


Dende a cidade de Lugo e arredores comeza un novo proxecto, unha iniciativa que pretende ser reflexo dun pasado de loita e que se compromete cun futuro de axitación. Non pretendemos ser nin un acrónimo nin unha entidade fastasma, non queremos ser cómplices nin dependentes de ningunha institución. Nós somos comunistas, somos anarquistas, galegos, proletarios, autónomos pero ante todo somos antifascistas, e esa idea é a que nos une nun sentimento de fraternidade co que combater a discriminación racial, e as inxustizas derivadas deste sistema que asasina sen ser xulgado por iso.

Sabemos que son moitos os inimigos no caminho, sabemos que a sociedade está educada en valores de opcións fáciles, sabemos que nós sempre vamos ser os ‘malos’ e que non teremos axuda máis que da nosa propia xente, pero non por iso vamos a consentir que inflúan no noso espírito e nas nosas esperanzas. Nós lugueses e non lugueses, pero si orgullosos da nosa condición pretendemos ser a vozsempre que seja preciso, pretende ser a voz que se levante contra o Fascismo, contra o Sexismo o Racismo e demáis ismos introductores dun caos que pretende asentarse no noso territorio.

Cada acto será unha vitoria e iso é algo que debemos ter presente na nosa intención de luita e denuncia. Despois de deixar claro todo isto só nos queda reafirmar o noso compromiso na defensa do expresado, uns nobles ideiais que de ningún xeito deixaremos que sexan encarcerados nin torturados polos amigos do capital e os inimgos da liberdade.

Namentras sigamos padecendo a pasividade institucional coa calanha fascista e os nosos teñan que seguir tortura e dispersión nós reclaremos o noso futuro fronte a realidade allea que nos tentaran impor pero que non conseguiran.

Sen máis quedades convidados a calquera dos actos que poidamos levar a cabo.Por iso e moito máis

VIVA LUGO ANTIFASCISTA!
AVANTE AS BAF!

Posted by Lugo Antifascista at 16:52:54 | Permalink | No Comments »

Wednesday, March 18, 2009

Disposto cartaz da presentación, so queda invitarvos a todos a charla que desenvolveremos o vindeiro día 21, onde trataremos unha serie de puntos básicos para comezar o desenvolvemento organizado da actividade antifascista na nosa cidade. No transcurso da charla intervirán algún compañeiro para destacar as ideas máis importantes para logo abrir o debate colectivo sobre propostas e proxectos que se puideran desenvolver co fin de concretar un plan activo de resposta. A esta asemblea, que é ante todo de caracter aberto está convidado calquera persoa que se sinta identificada co antifascismo militante independentemente das súas diferentes relazicacións ideolóxicas co fin de contribuír a formar unha fronte unida e cooperativa na que ninguén quede excluído mais calquera que queira participar deberá asumir os compromisos e deberes que unha organización deste tipo implica.

Sen máis vémonos o Sábado

LUGO ANTIFASCISTA SEMPRE!
AVANTE AS BAF!

Posted by Lugo Antifascista at 08:19:51 | Permalink | No Comments »

Tuesday, March 17, 2009

PRESENTACIÓN BAF LUGO

Posted by Lugo Antifascista at 19:45:13 | Permalink | No Comments »

Wednesday, March 11, 2009

Os falangistas se cabrean

Nun alarde de cinismo e soberbia os representantes da españa unagrandeylibre deixan no seu web este comentario con tonillo dictatorial e vengativo posto que para unha vez que deciden sair a rúa a colar atópanse que o día seguinte eses colantes aparecen arrincados ou tapados nos sitios onde calquera de nós pode velos. Todo hai que dicilo, os fascistas puxéronse as botas poñendo a súa propaganda, podemos dicir que até nos sorprende que haxa xente que porte uns ideais tan nocivos para o noso pobo. Mais o que tamén dicimos dende aquí e que non nos imos quedar de brazos cruzados e que se teñen a vergonza suficiente para aparecer nas mesas dos nosos barrios non será co noso consentimento nin co beneplácito de tódolos lugueses que defendemos a nosa terra e os dereitos de calquera individuo sexa cal sexa o seu papel doutrinario ou a súa raza. Non o conseguiran, non permitiremos que reediten vellos tempos nos que mediante a forza amedrentaban a cidadanía e se erixian como salvadores dunha patria ficitica, hoxe nin mañá o van a lograr, coa unidade de todos mediante asambleas, actos, concertos conseguirá devolver a estes indesexados de novo a súa caverna ideolóxica da que nunca deberon sair.

FASCISMO? NON GRAZAS
AQUÍ E AGORA REVOLTA SOCIAL CONTRA OS AMIGOS DO CAPITAL!
LUGO ANTIFASCISTA SEMPRE!

Escrito por Delegación comunicación La Coruña-Lugo   
viernes, 06 de marzo de 2009


  El pasado día 1 de marzo, los apoderados de FE de las JONS recorrieron los colegios electorales, ante la sorpresa de muchos, el desagrado de los interventores del PSOE ( con comentarios del tipo “los falangistas, lo que nos faltaba” y “de estos no nos deshacemos, hasta ilegalizarlos” etc…) y la indignación de los del BNG que entorpecieron la labor de nuestros interventores todo lo que pudieron. Casualmente en no pocas cabinas de los colegios electorales faltaban las papeletas de nuestra candidatura.

La presencia en la calle de FE de las JONS ha molestado a todos los que nos daban por desaparecidos, especialmente a los grupos separatistas de izquierda (lugoantifeixista blog com.htm) (iscagz.org ) que creían tener el camino expedito para acabar con la unidad de España. Encontrándonos hoy igual que siempre frente a ellos.

Posted by Lugo Antifascista at 19:48:45 | Permalink | No Comments »

Sunday, March 8, 2009

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Tomando como referencia a data de hoxe coa que nos comprometemos e defendemos publicamos o seguinte comunicado que evidencia gran parte da problemática actual.


“La igualdad ante la ley todavía no es la igualdad frente a la vida. Nosotros esperamos que la obrera conquiste, no sólo la igualdad ante la ley, sino frente a la vida, frente al obrero.” Vladimir Ilich Lenin

Un profundo proceso de transformación social está en marcha en Nuestra América, los pueblos y los gobiernos que se han dado, exploran caminos para construir una sociedad de igualdad real en el contexto de las enormes brechas de calidad de vida que caracterizan nuestros países. Mirando nuestras realidades hemos aprendido que las injusticias sociales se retroalimentan mutuamente, y que la pobreza tiene piel oscura y rostro de mujer.

En todas partes las mujeres han estado y están peor que los hombres: hay tres mujeres pobres por cada hombre pobre, hay diez mujeres deben criar solas a sus hijos por cada hombre sin pareja que encabeza un hogar, exclusivamente mujeres son quienes forman la fuerza laboral de servicio doméstico que migra hacia las zonas urbanas, hacia países vecinos más prósperos o a Europa y USA, latinoamericanas obligadas por las necesidades a dejar sus hijos para cuidar los ajenos. Las mujeres son mercancías en el comercio sexual, donde muchas de ellas encuentran una muerte anónima. Y son víctimas de violencia a manos de sus parejas sentimentales y de la violencia cultural e institucional que las aprisiona en embarazos no elegidos. La mortalidad materna, sigue siendo alta en la región, y afecta a las mujeres más desposeídas, muchas de ellas pertenecen a poblaciones indígenas y son adolescentes; una alta proporción de estas muertes maternas está causada por interrupciones inseguras del embarazo.

A pesar de estas realidades, las mujeres latinoamericanas de manera masiva y consecuente hemos venido participando, aportando y colaborando con los procesos de cambio en nuestros países. A lo largo y ancho es evidente la gran cantidad de mujeres incorporadas en organizaciones populares, movimientos sociales y políticos, colectivos de acción, grupos culturales, etc.Hay entrega y hay esperanzas renacidas por todas partes, y las mujeres somos sujetas actuantes.

El socialismo tiene como objetivo la potenciación de lo humano en lo social, generando una vida comunitaria donde todas y todos podamos desplegarnos de manera integral. Una sociedad verdaderamente socialista es humanista y por tanto necesariamente feminista, no puede desconocer las históricas desigualdades, discriminaciones y opresiones que sufren las mujeres y debe desarrollar los mecanismos de reparación histórica necesarios. Son imprescindibles políticas abarcantes y efectivas de protección de la maternidad, de garantía del derecho a la corresponsabilidad paterna,de ampliación de los derechos a decidir libremente el ejercicio de la sexualidad, de promoción de la participación de las mujeres en las decisiones sociales, y sobre todo de impulso de la calidad de vida femenina.

La igualdad real de mujeres y hombres se irá consiguiendo en la medida en que los nuevos pactos sociales incorporen la visión de género como elemento indispensable e inseparable de la refundación ética y cultural.

No es posible la emancipación social mientras se mantenga la más antigua y abarcante de las opresiones que es la opresión de las mujeres, naturaliza y justifica la jerarquía entre las personas en el diario vivir. El socialismo sólo puede afirmarse sobre nuevas relaciones sociales sin dominación, lo cual implica la revolución en lo inmediato, en la vida cotidiana, e incluye una nueva manera de ser mujer y hombre. La transformación socialista está entrelazada con la transformación de la institucionalidad que subordina a la mujer. En la sociedad socialista el papel de la mujer tiene que ser redefinido: el hombre, la mujer y la sociedad en su conjunto compartirán corresponsable y solidariamente el cuidado general de la vida humana, la crianza de los hijos, la atención de los ancianos, la preservación del ambiente, en fin, las tareas necesarias de la prioridad de la vida. 


Posted by Lugo Antifascista at 13:32:52 | Permalink | No Comments »

Friday, March 6, 2009

Concentración e novidades

Dende aquí lembramosvos que mañá teremos concentración así que pedimos a máxima difusión do evento para que unha causa tan xusta como a do pobo saharaui sexa tomada en consideración. Agardamos que esta convocatoria teña o mesmo éxito que as anteriormente celebradas a prol da causa palestina que rexistraron un índice de influencia incríble poñendo en contacto a xentes de diversas condicións pero unidas por un propósito común.

Noutro orde de temas vimos de asistir ó nacemento dun novo centro social na nosa cidade que complementará o papel realizado por outros nucleos asociacionistas da nosa cidade como o Madia Leva ou o xa extinto Alto Minho. O nome desta nova proposta é Vagalume e comezará neste mes que ven un intenso programa de actividades para dar a coñecer o seu proxecto á vecindade luguesa, para iso organizaran diferentes tipos de actividades que versan ó redor de temas como o feminismo, o veganismo, a conciencia social, debates etc… , toda unha programación variada que recolla as principais preocupacións do noso tempo.

Calquera que o desexe pode aproximarse a visitar o seu local que está ubicado na céntrica Rúa Noreas cun horario de tarde que presenta un caracter mais ou menos flexible. Nos próximos días poremos informacións relativas ás actividades en concreto seguindo o noso interese polos colectivos lugueses comprometidos co futuro da loita social e antifascista.

Posted by Lugo Antifascista at 23:06:31 | Permalink | No Comments »

Tuesday, March 3, 2009

TODOS CO SÁHARA

MANIFESTACIÓN DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ

 

SÁBADO, DÍA 7 DE MARZO, ÁS 19:30 HORAS, NA PRAZA ARMAÑÁ (DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO) EN LUGO.

 

 

            Diversas organizacións da sociedade civil lucense, fan un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, á cidadanía para que participe nun acto de solidariedade e apoio ao pobo saharauí, de indignación e protesta pola ocupación marroquí dende hai 33 anos, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional e en  especial ao goberno do estado español, esixindo que asuma as súas responsabilidades por ser forza ocupante do territorio saharauí nese intre.

             O Acto será o sábado, día 7 de marzo, ás 19:30 horas, na Praza Armañá (diante da Subdelegación do Goberno en Lugo).

 


 “Fai 33 anos que os españois abandonamos aos saharauís permitindo a ocupación ilegal do seu territorio por parte de Marrocos. Durante este tempo, Marrocos cometeu todo tipo de abusos contra o pobo saharauí, incumpriu tódalas resolucións de Nacións Unidas, que instan á celebración dun referendo de autodeterminación, torturou e marxinou aos saharauís, expulsounos da súa terra, espoliou os seus recursos naturais, levantou un muro de 2.500 Km. sementado de minas,  que divide o territorio e os seus habitantes separando a milleiros de familias, e blindouse para que nin observadores de dereitos humanos, nin medios de comunicación, nin outros colectivos, poidan ser testemuñas das barbaridades que diariamente alí son cometidas pola maquinaria de represión marroquí.

Entrementres os refuxiados saharauís intentan vivir no deserto da hamada alxerina, un dos territorios mas inhóspitos do mundo”

 


Posted by Lugo Antifascista at 08:41:07 | Permalink | No Comments »

Thursday, February 19, 2009

Brochura para repartir

A tí futuro votante:

Hoxe non che vamos falar de economía, do paro nin de promesas electorais varias que nunca se cumpriran. Hoxe aquí e agora queremos facer unha análise profunda contigo do que te poderás atopar estes días nos colexios electorais e onde é peor, nos salóns de actos, nas paredes do teu barrio ou no teu buzón.

Benquerido lector xa sabemos que os tempos de crise capitalista provocan a aparición de realidades extremistas que pretenden instrumentalizar os momentos para facer valer as súas intencións, por iso iremos explicándoche paso a paso o que sucedeu nestes últimos meses:

1.O fascismo español ten evolucionado dende o nacional-catolicismo até un vulgar franquismo hereditario que constituíu o “franquismo sociolóxico”. Así foi pasando o tempo, así foi como asistimos inquedos á transición e contemplamos sorpresivamente como o vello sistema ataba e desataba ó seu antollo a realidade política provocando que moitos cargos públicos pasaran a ser ocupados por persoas que procedían directamente do “réxime”.

2.Pasou o tempo… e chegado o ano 2008 apareceu un novo partido (UPyD) que non se limita a ser unha organización dereitista nin tampouco procura renovar o franquismo residual senon que pretende facer renacer un verdadeiro fascismo. Co fin de conseguir o seu obxectivo toma o pé da letra os principios básicos dos clásicos fascismos-nazismos de principios do século pasado, véxase a inclusión de persoeiros que antes dicían ser de esquerdas, tal e como pasou con Mussolini, engadindo un perigoso cóctel ideolóxico baseado no nacionalismo estraño, na demagoxia e no dilentantismo. Nace así esta nova e nociva corrente doutrinaria.

3.Nas pasadas eleccións lexislativas do 9 de marzo asistimos ó renacer do fascismo español con Rosa Díez como nova Caudilla presentando un discurso que amosa nulidade argumentativa e intelectual. E falamos dun fascismo puro e duro disfrazado de patriotismo con tintes demócratas. Non falamos de populismo nin de dereitismo reforzado senon dunha corrente fascista tal e como é descrita na historia, que emerxe das accións levadas a cabo en situacións propicias convencendo ás masas desinformadas.

4.Este proxecto pode ser unha mera anécdota se ti que tendes a considerarte unha persoa con capacidade racional es quen de darte conta do que tes diante, de que detras desas tres siglas escóndese algo máis e de que son demasiadas as similitudes con outros partidos da extrema dereita como a Falange coa que comparten puntos ideolóxicos. U-P-Y-D? ou deberiamos dicir Unha,Grande e Libre?. Unha política baseada única e exclusivamente no exterminio das identidades dos povos que conviven no Estado non é boa para nada nin para ninguén.UPyD é radical, antiprogresista, antidemocrático polas mismas razóns contra as que din loitar, con gloriosas frases como estas:

Nuestro partido va a incordiar!”

“Los nacionalismos no son el progreso” “Defender la unidad de España, eso es el progreso!”

“Que no se ponga una sola urna en ningún remoto pueblo del País Vasco!”

“Los nacionalistas más pacíficos son reaccionarios, porque anteponen el derecho colectivo al individual” uns segundos despois… “Esta es nuestra bandera, la nuestra, la de todos los españoles, la que nos protege!”(*Sacadas dos seus mitins)

Existe un mar de contradicións nesta organización así que nós un grupo que si defende a liberdade e a necesidade de buscar vías de desenvolvemento para o noso país, aquel no que facemos o noso día a día e non aquel que ten sede en Madrid, pedímosche que os desenmascares e que te des conta de que non buscan nada máis que revivir fantasmas que xa creíamos extintos, de que a súa inoperancia pode ser moito máis perigosa do que pensamos.

LE E DIFUNDE! UPyD = NEOFASCISMO ELECTORAL! BÓTAOS DAS TÚAS VILAS, DOS TEUS BARRIOS!

Asina e distribúe: COORDINADORA ANTIFASCISTA LUGUESA

Posted by Lugo Antifascista at 12:38:48 | Permalink | No Comments »

Monday, February 16, 2009

IMAXES PARA USAR

Nós tentaremos facer unha colada con estas imaxes preto das zoas onde poida haber actos, mais dende aquí animamos a todo aquel que tome a iniciativa de poñelas nas súas rúas, centros de traballo, centros de estudo co fin de facer chegar a máis xente a nosa mensaxe.

Saúde!


Posted by Lugo Antifascista at 23:22:24 | Permalink | No Comments »