Brochura para repartir
A tí futuro votante:
Hoxe non che vamos falar de economía, do paro nin de promesas electorais varias que nunca se cumpriran. Hoxe aquí e agora queremos facer unha análise profunda contigo do que te poderás atopar estes días nos colexios electorais e onde é peor, nos salóns de actos, nas paredes do teu barrio ou no teu buzón.
Benquerido lector xa sabemos que os tempos de crise capitalista provocan a aparición de realidades extremistas que pretenden instrumentalizar os momentos para facer valer as súas intencións, por iso iremos explicándoche paso a paso o que sucedeu nestes últimos meses:
1.O fascismo español ten evolucionado dende o nacional-catolicismo até un vulgar franquismo hereditario que constituíu o “franquismo sociolóxico”. Así foi pasando o tempo, así foi como asistimos inquedos á transición e contemplamos sorpresivamente como o vello sistema ataba e desataba ó seu antollo a realidade política provocando que moitos cargos públicos pasaran a ser ocupados por persoas que procedían directamente do “réxime”.
2.Pasou o tempo… e chegado o ano 2008 apareceu un novo partido (UPyD) que non se limita a ser unha organización dereitista nin tampouco procura renovar o franquismo residual senon que pretende facer renacer un verdadeiro fascismo. Co fin de conseguir o seu obxectivo toma o pé da letra os principios básicos dos clásicos fascismos-nazismos de principios do século pasado, véxase a inclusión de persoeiros que antes dicían ser de esquerdas, tal e como pasou con Mussolini, engadindo un perigoso cóctel ideolóxico baseado no nacionalismo estraño, na demagoxia e no dilentantismo. Nace así esta nova e nociva corrente doutrinaria.
3.Nas pasadas eleccións lexislativas do 9 de marzo asistimos ó renacer do fascismo español con Rosa Díez como nova Caudilla presentando un discurso que amosa nulidade argumentativa e intelectual. E falamos dun fascismo puro e duro disfrazado de patriotismo con tintes demócratas. Non falamos de populismo nin de dereitismo reforzado senon dunha corrente fascista tal e como é descrita na historia, que emerxe das accións levadas a cabo en situacións propicias convencendo ás masas desinformadas.
4.Este proxecto pode ser unha mera anécdota se ti que tendes a considerarte unha persoa con capacidade racional es quen de darte conta do que tes diante, de que detras desas tres siglas escóndese algo máis e de que son demasiadas as similitudes con outros partidos da extrema dereita como a Falange coa que comparten puntos ideolóxicos. U-P-Y-D? ou deberiamos dicir Unha,Grande e Libre?. Unha política baseada única e exclusivamente no exterminio das identidades dos povos que conviven no Estado non é boa para nada nin para ninguén.UPyD é radical, antiprogresista, antidemocrático polas mismas razóns contra as que din loitar, con gloriosas frases como estas:
“Nuestro partido va a incordiar!”
“Los nacionalismos no son el progreso” “Defender la unidad de España, eso es el progreso!”
“Que no se ponga una sola urna en ningún remoto pueblo del País Vasco!”
“Los nacionalistas más pacíficos son reaccionarios, porque anteponen el derecho colectivo al individual” uns segundos despois… “Esta es nuestra bandera, la nuestra, la de todos los españoles, la que nos protege!”(*Sacadas dos seus mitins)
Existe un mar de contradicións nesta organización así que nós un grupo que si defende a liberdade e a necesidade de buscar vías de desenvolvemento para o noso país, aquel no que facemos o noso día a día e non aquel que ten sede en Madrid, pedímosche que os desenmascares e que te des conta de que non buscan nada máis que revivir fantasmas que xa creíamos extintos, de que a súa inoperancia pode ser moito máis perigosa do que pensamos.
LE E DIFUNDE! UPyD = NEOFASCISMO ELECTORAL! BÓTAOS DAS TÚAS VILAS, DOS TEUS BARRIOS!
Asina e distribúe: COORDINADORA ANTIFASCISTA LUGUESA