Friday, March 6, 2009

Concentración e novidades

Dende aquí lembramosvos que mañá teremos concentración así que pedimos a máxima difusión do evento para que unha causa tan xusta como a do pobo saharaui sexa tomada en consideración. Agardamos que esta convocatoria teña o mesmo éxito que as anteriormente celebradas a prol da causa palestina que rexistraron un índice de influencia incríble poñendo en contacto a xentes de diversas condicións pero unidas por un propósito común.

Noutro orde de temas vimos de asistir ó nacemento dun novo centro social na nosa cidade que complementará o papel realizado por outros nucleos asociacionistas da nosa cidade como o Madia Leva ou o xa extinto Alto Minho. O nome desta nova proposta é Vagalume e comezará neste mes que ven un intenso programa de actividades para dar a coñecer o seu proxecto á vecindade luguesa, para iso organizaran diferentes tipos de actividades que versan ó redor de temas como o feminismo, o veganismo, a conciencia social, debates etc… , toda unha programación variada que recolla as principais preocupacións do noso tempo.

Calquera que o desexe pode aproximarse a visitar o seu local que está ubicado na céntrica Rúa Noreas cun horario de tarde que presenta un caracter mais ou menos flexible. Nos próximos días poremos informacións relativas ás actividades en concreto seguindo o noso interese polos colectivos lugueses comprometidos co futuro da loita social e antifascista.

Posted by Lugo Antifascista at 23:06:31
Comments

Leave a Reply