Disposto cartaz da presentación, so queda invitarvos a todos a charla que desenvolveremos o vindeiro día 21, onde trataremos unha serie de puntos básicos para comezar o desenvolvemento organizado da actividade antifascista na nosa cidade. No transcurso da charla intervirán algún compañeiro para destacar as ideas máis importantes para logo abrir o debate colectivo sobre propostas e proxectos que se puideran desenvolver co fin de concretar un plan activo de resposta. A esta asemblea, que é ante todo de caracter aberto está convidado calquera persoa que se sinta identificada co antifascismo militante independentemente das súas diferentes relazicacións ideolóxicas co fin de contribuír a formar unha fronte unida e cooperativa na que ninguén quede excluído mais calquera que queira participar deberá asumir os compromisos e deberes que unha organización deste tipo implica.
Sen máis vémonos o Sábado
LUGO ANTIFASCISTA SEMPRE!
AVANTE AS BAF!