SÁBADO-21 C.S MADIA LEVA!
Sabemos que son moitos os inimigos no caminho, sabemos que a sociedade está educada en valores de opcións fáciles, sabemos que nós sempre vamos ser os ‘malos’ e que non teremos axuda máis que da nosa propia xente, pero non por iso vamos a consentir que inflúan no noso espírito e nas nosas esperanzas. Nós lugueses e non lugueses, pero si orgullosos da nosa condición pretendemos ser a vozsempre que seja preciso, pretende ser a voz que se levante contra o Fascismo, contra o Sexismo o Racismo e demáis ismos introductores dun caos que pretende asentarse no noso territorio.
Cada acto será unha vitoria e iso é algo que debemos ter presente na nosa intención de luita e denuncia. Despois de deixar claro todo isto só nos queda reafirmar o noso compromiso na defensa do expresado, uns nobles ideiais que de ningún xeito deixaremos que sexan encarcerados nin torturados polos amigos do capital e os inimgos da liberdade.
Namentras sigamos padecendo a pasividade institucional coa calanha fascista e os nosos teñan que seguir tortura e dispersión nós reclaremos o noso futuro fronte a realidade allea que nos tentaran impor pero que non conseguiran.
Sen máis quedades convidados a calquera dos actos que poidamos levar a cabo.Por iso e moito máis
VIVA LUGO ANTIFASCISTA!
AVANTE AS BAF!